10 de dez. de 2009

MÁIS BLANCOS, QUE SOMOS MOITOS E AQUÍ HAI SITIO DABONDO!!!

Esto marcha!!!

Valentín xa nos deixou unha entrada preciosa no blogue, a máis dun que eu me sei, achegóuselle unha bágoa...

Pero hoxe foi incríble!! Fernando Silva, fillo de Margarita Blanco e Froilán, bisobriño de Valentín Blanco, fíxome chegar o seu enderezo eléctronico, para que o incluira no blogue.

Creo que A Estrada dos Blanco pode dar moito de sí. E coas últimas incorporacións, Valentín e Fernando, é probable que comecemos a nosa andadura dun xeito firme e documentado, porque... sospeito, que así mo dixo un paxariño, que estes dous BLANCOS teñen moito, moito que contar.

Pois nada, benvidos e aqui está a vosa casa!!!

Quedan moit@s BLANCOs por ahi agochados. Deixádevos ver, que estamos en familia. E falo dos BLANCOs desta e da outra beira do Atlántico.

Apertas.

Nenhum comentário:

Postar um comentário

 
Blog Design by Template-Mama • Digiscrap by Kevin and Amanda