Mostrando postagens com marcador Saúdo. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Saúdo. Mostrar todas as postagens

6 de dez. de 2009

Un saúdo aos Blanco

Aínda que non teño a honra de pertencer aos Blanco, considereime sempre moi próximo a vós. Son tamén primoxénito de Rogelio, fillo de Virtudes, e polo tanto sobriño do "Tío Valentín" e da "Tía Divina", que era como se lles coñeceu de sempre na miña casa.

Pero se algo me une dende os principios da miña existencia aos Blanco, creo que é o meu nome de pía; chámome Valentín, pola admiración e o agradecemento que de forma perpétua lle gardará meu pai (e con el toda a estirpe) ao patriarca da liñaxe, o egrexio Valentín Blanco.

El exerceu de "titor" de meu pai, cando de moi novo lle faltou o seu propio na por aquel entón remota aldea de Abades. Agarimouno, protexeuno e acompañouno a embarcar a Vigo rumbo a Brasil na busca dun futuro mellor, que logo o levaría por medio mundo, pero esa xa é outra historia, que desemboca na miña infancia, onde os entrañables Manolito e Berto eran dos que máis se preocupaban por min cada vez que me vían pasar por diante do taller pola man da miña avoa Concha (viviamos sós por estar meus pais na emigración), e así ata hoxe, que os Blanco sodes sodes considerados unha parte moi importante da miña familia paterna, por proximidade, simpatía e moitas afinidades.

Adiante co blog, ao que achegarei algunha foto de meu pai con Valentín Blanco, así como da Tía Divina, xa teño a Rogelio buscándoas. O meu agradecemento moi sinceiro ao convite para participar neste foro, que cos vimbios que hai, ha facer un bo cesto.
 
Blog Design by Template-Mama • Digiscrap by Kevin and Amanda