Esto marcha!!!
Valentín xa nos deixou unha entrada preciosa no blogue, a máis dun que eu me sei, achegóuselle unha bágoa...
Pero hoxe foi incríble!! Fernando Silva, fillo de Margarita Blanco e Froilán, bisobriño de Valentín Blanco, fíxome chegar o seu enderezo eléctronico, para que o incluira no blogue.
Creo que A Estrada dos Blanco pode dar moito de sí. E coas últimas incorporacións, Valentín e Fernando, é probable que comecemos a nosa andadura dun xeito firme e documentado, porque... sospeito, que así mo dixo un paxariño, que estes dous BLANCOS teñen moito, moito que contar.
Pois nada, benvidos e aqui está a vosa casa!!!
Quedan moit@s BLANCOs por ahi agochados. Deixádevos ver, que estamos en familia. E falo dos BLANCOs desta e da outra beira do Atlántico.
Apertas.
10 de dez. de 2009
6 de dez. de 2009
Un saúdo aos Blanco
Aínda que non teño a honra de pertencer aos Blanco, considereime sempre moi próximo a vós. Son tamén primoxénito de Rogelio, fillo de Virtudes, e polo tanto sobriño do "Tío Valentín" e da "Tía Divina", que era como se lles coñeceu de sempre na miña casa.
Pero se algo me une dende os principios da miña existencia aos Blanco, creo que é o meu nome de pía; chámome Valentín, pola admiración e o agradecemento que de forma perpétua lle gardará meu pai (e con el toda a estirpe) ao patriarca da liñaxe, o egrexio Valentín Blanco.
El exerceu de "titor" de meu pai, cando de moi novo lle faltou o seu propio na por aquel entón remota aldea de Abades. Agarimouno, protexeuno e acompañouno a embarcar a Vigo rumbo a Brasil na busca dun futuro mellor, que logo o levaría por medio mundo, pero esa xa é outra historia, que desemboca na miña infancia, onde os entrañables Manolito e Berto eran dos que máis se preocupaban por min cada vez que me vían pasar por diante do taller pola man da miña avoa Concha (viviamos sós por estar meus pais na emigración), e así ata hoxe, que os Blanco sodes sodes considerados unha parte moi importante da miña familia paterna, por proximidade, simpatía e moitas afinidades.
Adiante co blog, ao que achegarei algunha foto de meu pai con Valentín Blanco, así como da Tía Divina, xa teño a Rogelio buscándoas. O meu agradecemento moi sinceiro ao convite para participar neste foro, que cos vimbios que hai, ha facer un bo cesto.

23 de nov. de 2009
BENVID@S!!!
Un anaquiño de Internet quedou reservado para nós: @s Blanco.
Xa somos varias as persoas que estamos convidadas a participar. Imos facer reconto:
- Teresa Puente
- Marcio Puente
- Helena Blanco Corral
- Lucía Blanco Corral
- Laura Blanco Carracedo
- Conchi Blanco Carracedo
- Carmen Blanco Carracedo
- Valentín Torrado Blanco
- Mercedes Torrado Blanco
- Jesús Vázquez Carrete
- Paco Pena Corbacho
Pero seguro que quedan moitos máis. Coa vosa colaboración, poderemos chamar a máis da familia. Agardo que me fagades chegar os seus enderezos electrónicos.
Non os colguedes no blogue, mandade un correo a mablaco@hotmail.es
GRAZAS!!

22 de nov. de 2009
Assinar:
Postagens (Atom)